O Celta de Berizzo debuta con brillo
O Celta celebra 91 anos de historia e unha nova etapa cun holgado triunfo ante o Getafe. O Celta arrincou a Liga co mesmo pulso firme co que terminou a pretemporada, derrotando con claridade a un Getafe 3-1 que se viu superado polo empuxe dos de Berizzo. O conxunto vigués mantivo as claves sobres as que asentou a súa boa pretemporada: Presión asfixiante, posesión combinativa e efectividad en ataque cos tres estiletes ofensivos: Orellana, Nolito e Larrivey, autor cada un dun gol. A sorpresa da alineación foi a ausencia de Hugo Mallo no once inicial, ocupando o seu lugar Jonny. O resto do equipo foi o esperado, con Sergio en portería, Jonny, Cabral, Fontàs e Planas en defensa. Borja Fernández foi o pivote defensivo, con Krohn-Dehli e Álex López por diante. En punta de ataque, o tridente letal formado por Orellana, Nolito e Larrivey.
Comentar este post