O espectáculo non foi suficiente en Balaidos
O Real Madrid aférrase á loita polo título de Liga tralo triunfo en Vigo ante un Celta que mereceu máis. O equipo galego xogou mellor, moito mellor que os brancos, pero nisto do fútbol, o que vale son os goles, a pegada e niso, o Real Madrid foi superior cun nome propio: Chicharito. O mexicano volveu ser clave para o triunfo dos merengues marcando dous goles, o segundo deles importantísimo porque significaba pechar o triunfo ante un Celta que estaba poñendo aos brancos contra as cordo.
Pedro Jesús Pérez Montero volveu axudar ao Real Madrid na súa visita ao Celta. O colegiado do comité andaluz non viu un claro penalti de Kroos sobre Orellana no minuto 57 de partido.


Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Augusto, Krohn-Dehli, Santi Mina (Pablo Hernández, min.74), Orellana (Bongonda, min.69), Nolito y Larrivey (Charles, min.73)
Madrid: Casillas, Carvajal, Varane, Sergio Ramos, Marcelo, Kroos, Illarra, Isco (Jesé, min.81), James Rodríguez (Arbeloa, min.84), Ronaldo y Chicharito (Pepe, min.74)
Goles: 1-0, min.9: Nolito; 1.1, min.15: Kroos; 1-2, min.23: Chicharito; 2-2, min.27: Santi Mina; 2-3, min.43: James; 2-4, min.68: Chicharito
Árbitro: Pérez Montero, del comité andaluz.
Galeria de fotos