Celta-Levante 3-0

O Celta reencontrouse coa vitoria tres xornadas despois nun partido no que conseguiu deixar a portaría a cero por segunda vez esta tempada.
Fácil vitoria do Celta este venres en Balaídos ante un Levante que apenas presentou oposición no debut de Lucas Alcaraz. O Celta, sen realizar un gran encontro, derrotou con claridade aos granotas, aínda que o partido puido cambiar si o disparo de Ivanshitz na segunda metade fose gol.O Celta sesteó e tardou en pechar o partido, algo que conseguiu na recta final cos tantos de Larrivey e Álex López. E iso que o ferrolán foi suplente, xa que Berizzo decidiu dar a alternativa a Pablo Hernández.O chileno non defraudou e realizou un gran partido, mostrando a enorme clase que atesoura a súa zurda. Só faltoulle atoparse co gol. Estivo preto pero faltoulle acerto na definición.O substituto do sancionado Orellana foi o canteirán.Santi Mina.


Aínda quedaba antes do final unha nova aparición de Álex López, que enganchou un potente disparo desde a frontal da área, que acabaría sendo gol coa necesaria colaboración do vigues Diego Mariño, moi desacertado nesta acción.Con este triunfo de 3-0, o Celta sitúase provisionalmente na sexta posición, con 11 puntos sobre o descenso e a dous da Champions. A tranquilidade está cada vez máis preto. Nunha semana que toca visitar o difícil Camp Nou.
RC.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Pablo Hernández (Álex López, min.77), Krohn-Dehli, Santi Mina (Madinda, min.69), Nolito y Larrivey (Charles, min.82)
Levante: Diego Mariño, Pedro López, Rodas, Juanfran, Nikos, Diop, Rubén (Xumetra, min.46), Morales (Víctor Casadesús, min.46), Ivanschitz, Simao (Sissoko, min.72) y Barral
Goles: 1-0, min.26: Larrivey ; 2-0, min.83: Larrivey; 3-0, min.90: Álex López
Fotos RC.Celta-Levante 3-0
/https%3A%2F%2Fimg.rtve.es%2Fimagenes%2Fcelta-3-levante-0%2F1414242208362.jpg)
Celta 3 - Levante 0, Fútbol - RTVE.es A la Carta
Celta 3 - Levante 0, Fútbol online, completo y gratis en RTVE.es A la Carta. Todos los programas de Fútbol online en RTVE.es A la Carta
http://www.rtve.es/alacarta/videos/futbol/celta-3-levante-0/2829135/
Video del partido