Nosas churrascadas - O RINCÓN DE OLANO
Overblog
Edit page Seguir este blog Administration + Create my blog
O RINCÓN DE OLANO

Nosas churrascadas

, 01:22am

    PACHANGUEIROS DO VAO


11/6/2011

Pachanga 11-6-11

NOVA XUNTANZA GASTRONÓMICA «DOS AMIGOSDOVAO» ChemaO pasado sábado 11 de xuño a ADV \"Amigos do Vao\",coa súa Xunta Directiva en pleno, reuniuse de novo un ano mais,para celebrar o seu VIII ano de andaina.E para semellante efeméride non podiamos esquecernos dunha boa churrascada.O lugar elixido para tal evento foi a carpa do Coruxo FC.O cociñeiro Sueiro e de axudante o que escribe.O menú consistiu en costela de porco,solombo de tenreira galega,chourizos criollos,carne de touro,ensaladas de leituga,tomate, cebola e pepino, tortilla española, variedade de queixos,todo iso regado con viño e cervexa,logo sobremesas e licores.A ADV \"amigosdovao\"xa ten en mente a súa próxima xuntanza gastronómica,desta e outras actividades estaredes informados nesta Blog.Estamos abertos a ideas e suxestións para poder realizar moitas outras actividades máis relacionadas coa gastronomía.

Xuntanza-2011.JPG

VER ALBUMES DE FOTOS

Video do Evento


Pachanga e Churrascada Amigosdovao - Sabado 11/6/2011

Chrrasco-11-6-11.JPG


23/10/2010

amigosdova-novemb10.JPG

Este sábado reunímosnos de novo os pachangueiros para ter unha xuntanza gastronomica na carpa do Corujo, estivemos os de sempre, aínda que esta vez o noso amigo Sueiro fixo un gran esforzo pra acudir pois anda fastidiado por un problema muscular aínda así foi dos últimos en retirarse da reunión, cousa que é de agradecer.23-10-10Polo demais todo saliu fenomenal, agás a preparación das brasas pra os chuletonos que como sucedeu na anterior, a Chema non se lle dá ben en pór en funcionamento a grella, pero hai que recoñecer que lle pon interé o chaval.Ademas preparou unha salsa para as carnes que estaba esquisita.Regamos as carnes e os crioulos con trinta litros de cervexa e os seus correspondentes licores sen esquecer o calimocho.Para a proxima sera un bo cocido galego.

DECARGAR FOTOS DENDE AQUI


Xantar dos pachangueiros
Cargado por joseolano. - .

Por septimo ano consecutivo este fin de semana reunímosnos os pachangueiros pra xantar unha churrascada, o lugar elixido foi a carpa do Coruxo F.C.

28-agosto-2010.jpg


16/Agosto 2010

Churr-2004.jpg

 

Ao comezo do novo século entre Sueiro e o que escribe tivemos a brillante idea de organizar unha comida entre os pachangueiros que os sabados acudimos a xogar no Vao.Nos comenzos faciamola na Leira Mirambell, pero logo coas novas leis de protecion ambiental fomos cambiando de lugar.E nos ultimos anos vimos facendo dúas comidas anuais no verán, entre os meses de Xuño e Septiembre.O encargado de escoller as carnes é Sueiro, que por certo faio moi bien.Este verán xa fomos en Xuño a un brasileiro, e a finais deste mes temos a seguinte.

26/Xunio 2010

Churrascada no D'Mais Brasil

Como vén sendo habitual todos os veráns un grupo de pachangueiros do Vao reunímosnos dous sabados ao ano para dar boa conta dos manxares en algun restaurante da nosa cidade.Estavez decidímosnos por ir a un brasileiro.


Esta foto foi publicada no Diario Atlantico no verán de 2003.
Podedes pulsar na foto para ver en tamaño orixinal


Churrascada no Coruxo,2009.Onte sabado nunha mañá pasada por auga e cunha temperatura agradable,acudimos os que regularmente e durante todo o ano xogamos a nosa pachanguita,a medida que foi transcurrindo a maña o dia foi mellorando, debido algunhas ausencias do noso grupo uníronse a nós os do grupo de Tobias e desta forma montamos unha boa pachanga.Unha vez finalizada uns duchámonos e outros se bañaron.
Logo para despedir o verán e por primeira vez este ano fixemos duas churrascadas unha en Xulio e a de onte,o encargado de traer a carne e dos preparatidos fué o de sempre Sueiro.
O lugar elixido para comer foi na carpa do Coruxo onde lle consuminos o que é todo de bebidas e unhas ensaladas para acompañar as esquisitas carnes preparadas con maestria por Sueiro.
O grupo estaba composto por dez persoas en principio contabamos con algúns mais,pero como case sempre por uns motivos ou outros fallarón.
A experiencia foi bonita e todos quedamos contentos polo trato recibido por parte das empledas da cafeteria do Coruxo.
De ahi que temos pensado celebrar en adiante mais comilonas.
*VIDEOS DAS CHURRASCADAS*
Nos abuelos
Videos Olano
*CHURRASCADAS 2009*
No Coruxo
Videos Olano
Sueiro no Fenicio
Sueiro no Fenicio 2008

*CHURRASCADA 2008*


Videos tu.tv

VISITAS AL BLOG
Empresa desarrollo estadísticas
empresa de diseño

Descargo de Responsabilidade:Cada comentario aos post expresa a opinión persoal do autor do mesmo,e non do autor deste Blog.É resérvase o dereito de eliminar aquelas mensaxes e/ou fotografías que atenten,de calquera xeito,contra a intimidade,privacidad,imaxe ou dereitos de calquera persoa,empresa ou entidade,sen a obrigación de notificalo ao autor do mesmo.En ningún caso o autor do Blog faise responsable das opinións expresadas nos comentarios nin das consecuencias derivadas das mesmas.O único responsable da veracidad e contido dos mesmos é o seu autor.

Este Blog non ten ánimo de lucro.

Algunhas figuras e imaxes do contido de https://www.rincondeolano.com/.é úsanse sen permiso dos seus propietarios.Cando é posible,indícase a orixe do material.Si o propietario dalgún material usado no Blog non ve reflectido o seu copyright nesta páxina e desexa deixar constancia da súa propiedade,que o notifique a joseolano@yahoo.es é tamén se procederá á retirada ou sustitución do material que esixa o seu propietario.

Jose Mª De Castro.VIGO-GALIZA-SPAIN © Copyright.2009

"Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet"

¿QUIERES SUBIR?
PINCHA AQUI