O Celta pon música ao Noso Derbi


No setenta e cinco aniversario daquel primeiro Celta-Deportivo en Primeira División, disputado en Balaídos o 19 de outubro de 1941, volveuse repetir a vitoria celeste "nun encontro emocionante de principio a fin,nunha xornada onde Galicia enteira orgullouse de ver ao Celta e Deportivo cumprindo con corazón e alma de atletas en auténtica irmandade", como recollía a crónica de "Faro de Vigo" daquel tempo. Un "o noso derbi", ou "clásico galego" para os máis puristas, que na matinal do pasado domingo recuperou por ventura o espírito de fraternal e respectuosa rivalidade, tanto na lameira como nas bancadas, entre os dous grandes do fútbol galego. Un derbi vibrante, con alternativas en ambas as dúas portarías, moito máis igualado sobre o terreo de xogo que ese avultado resultado de 4-1- que reza na táboa de marcas.
O conxunto de Eduardo Berizzo(O arxentino celebra 100 partidos como adestrador do Celta cunha goleada histórica no derbi 4-1).
O Celta goleó ao Deportivo nun derbi que deixou dúas cousas claras: O Deportivo é o mellor equipo de Galicia a balón parado, e o Celta o é xogando ao fútbol. Contundente vitoria dos de Berizzo, que non lograron desatascar o partido ata a segunda metade grazas a un penalti e a unha contra levada por Jonny rematada por Orellana. A partir de aí empezou a festa.Unha festa que podería comezar antes, xa que o Celta foi superior ao Deportivo no relativo ao fútbol, e sen facer nada do outro mundo.
Iago Aspas foi un dos grandes protagonistas do encontro. O futbolista de Moaña anotou dous goles, os seus primeiros tantos en partido oficial fronte ao eterno rival, e non podía ocultar a súa satisfacción ao final do partido, aínda que recordou que só eran tres puntos: Non deixa de ser unha vitoria. Si é certo que é un derbi contra o eterno rival e sabe moi ben, pero son tres puntos.Volvémonos a colocar entre os oito primeiros que creo que é onde a día de hoxe merecemos estar, apuntou en declaracións á canle que ten os dereitos de emisión da Liga.
Celta: Sergio; Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny; Radoja, Tucu Hernández; Wass; Orellana (Pione Sisto, 90´), Bongonda (Marcelo Díaz, 73´) y Aspas (Rossi, 87´).
Deportivo: Lux; Juanfran, Sidnei, Albentosa, Fernando Navarro; Pedro Mosquera, Guilherme (Celso Bolges. 79´), Bruno Gama (Marlos, 64´), Fayçal Fajr; Babel (Carles Gil, 72´) y Andone.
Goles: 1-0: Hugo Mallo (21´)Orellana percute por banda dereita, Mallo dóbrao, recibe o balón e envía un disparo precioso ante o que non pode facer nada Lux.
1-1: Albentosa (37´) Cun cabezazo imperial. Anticipouse a toda a zaga céltica e volveu marcar ante un dos seus rivais favoritos.
2-1: Iago Aspas (penalti) (60´) Claro penalti de Sidnei, que transforma Iago Aspas, rompendo o seu particular maleficio ante o eterno rival.
3-1: Orellana (77´)Unha contra moi ben levada por Jonny, acaba cun centro que Orellana envía ao fondo das mallas cun bo cabezazo. Premio a un excelente partido do chileno.
4-1: Iago Aspas (82´). Iago Aspas faise cun balón en tres cuartos de campo, e tras unha vertiginosa carreira bate a Lux.

/http%3A%2F%2Fi.ytimg.com%2Fvi%2FoP6fovBrY0M%2Fhqdefault.jpg)
Celta Vigo vs Deportivo La Coruna 4-1 All Goals & Highlights LaLiga Santander 2016
Celta Vigo vs Deportivo La Coruna 4-1 All Goals & Highlights LaLiga Santander 2016
https://www.youtube.com/watch?v=oP6fovBrY0M&feature=youtu.be
VIDEO
Galeria de Fotos