Vigo, de novo baixo as augas
A borrasca «Nils» deixa decenas de rúas, casas e comercios alagados
A saída de tres trens foi cancelada porque as vías da estación de Vigo alagáronse.Nils,a borrasca que azoutou onte Galicia,cebouse co sur de Pontevedra.O temporal, combinado cunha marea alta,castigou onte á costa e colapsou Vigo.O 112 atendeu 205 incidencias na provincia, con inundacións en vivendas, rúas, estradas e árbores caídas.Coches coa auga, máis aló da matrícula.A escena repítese na zona de Balaídos, en Vigo. Había alerta laranxa por choivas pero aínda así,moitos se arriscaron e aparcaron nas zonas máis perigosas da cidade olívica.E de novo, as inmediacións do estadio,a rúa Julián Estévez,Colón e a recentemente estreada estación de tren alagáronse por completo.A choiva desbordou o río Seco en Oia,que recordou a riada do ano 2006;o Groba en Sabarís e o Miñor en Gondomar.Ademais,en Vigo,o río Lagares alagou zonas de Balaídos e Sárdoma,e a inundación da rúa Areal afectou ás vías da estación ferroviaria de Guixar. Renfe cancelou a saída de tres trens e un cuarto por desprendementos no Porriño. Os viaxeiros foron desprazados a Redondela en autobús.O túnel de Beiramar tamén se alagou.A choiva volveu alagar Vigo por segunda vez en apenas tres días.O río Lagares desbordouse unha vez máis e creou grandes bolsas de auga nas principais vías das parroquias de Castrelos,Sárdoma,Lavadores e San Tomé de Freixeiro,onde a auga obrigou a cortar a circunvalación desde a avenida de Castrelos ata a estación de autobuses.A subida do caudal do río obrigou, ademais,ao desaloxo de varias familias cuxas casas foron afectadas o temporal.
Forte borrasca choivas torrenciais en Balaídos e Coruxo - |
Comentar este post