Resultado moi inxusto en Cornellá
O Celta leva un resultado moi inxusto, por falta de contundencia de Fontás e Cabral co tempo case cumprido propina un inxusto castigo aos celestes, que dominaron o partido aínda que sen chegar a crear perigo. Unha chiscadela macabra do fútbol, que volveu mostrar ao Celta o seu lado máis ingrato. Os celestes chegaron a Barcelona coa intención de sumar a súa segunda vitoria consecutiva por primeira vez no que vai de campionato, e levaron un mazazo que os sitúa de novo ao bordo da zona de descenso. Os de Luís Enrique tiveron un inicio dominador, pero a pesar da vontade, faltáballes ese último pase que permitise pór en perigo a Kiko Casa. Tan só un cabezazo desviado de Augusto e un chute tímido de Jonny nos primeiros minutos puxeron en mínimos apuros á meta local. Cando o encontro parecía condenado ao empate apareceu o mellor xogador do Espanyol. Sergio García baixou con calidade un balón que lle chegou desde trinta metros, revolveuse entre Fontás e Cabral e fusilou a Yoel sen contemplación.
Os do Vasco Aguirre souberon aproveitar a única ocasión clara que tiveron no partido para conseguir a vitoria en Cornellá ante un Celta que non mereceu un castigo tan duro. Na próxima xornada o Celta recibe ao pechacancelas Betis(VENRES 24). Os celestes buscarán unha nova vitoria ante un rival directo pola permanencia, pero terá que facelo sen Augusto Fernández que viu en Cornellá a súa quinta amarela e perderase o partido.
RCD Espanyol: Kiko Casilla; Javi López, Colotto, Héctor Moreno, Fuentes; Víctor Sánchez, Abraham; Stuani (Pizzi, min.65), Sergio García, Simao (Raúl Rodríguez, min.92) y Córdoba (Álex Fernández, min.46).
RC. Celta: Yoel; Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny; Oubiña; Rafinha, Augusto Fernández (Álex López, min.74), Krohn-Dehli, Orellana (Nolito, min.68); y Santi Mina (Mario, min.85).
Goles: 1-0, min.88: Sergio García.
Comentar este post