Erasmus Vigo
Si Londres, París, Barcelona, Moscú o Dubai tienen su propio vídeo con la conocidísima canción Happy de Pharrell Williams, Vigo no iba a ser menos. La ciudad se une a esta moda de extensión planetaria gracias a los estudiantes extranjeros del campus, que hacen gala de su buen humor y sus habilidades para el baile y la práctica de varios deportes al tiempo que muestran los paisajes que han ido conociendo a lo largo de este curso, desde el campus a la playa de Samil o el Castro.
A versión viguesa de Happy mostra aos universitarios foráneos patinando polo paseo de Samil, xogando ao fútbol no campus, metendo canastras e facendo cabriolas coa bicicleta ou xogos malabares. Os seus protagonistas tamén fan un guiño ás frías augas atlánticas cando un dos estudantes perde unha aposta con outra compañeira en canto comproba a temperatura do océano nos seus tobillos. Seguindo os acordes que medio mundo xa coñece, os "erasmus" bailan animados na beira da praia coas Cíes de fondo e non dubidan en ondear a bandeira de Vigo para promocionar a cidade. Ata deixan a súa pegada no campus no que cursan unha parte das súas carreiras plantando unha árbore xunto ás pistas deportivas. O divertido vídeo termina coa interpretación de Happy á guitarra por un "misterioso" músico que aparece de fondo nalgunhas das escenas anteriores e cunha sesión de tomas falsas. Nunha delas, un impertérrito e veterano bañista atravesa a escena na que dous estudantes danzan na beira e segue o seu camiño ignorando a cámara. O Vigo que ven os "erasmus" competirá nas redes con centenares de versións enviadas por cidadáns de diferentes países para presumir do lugar no que viven. No seu afán por promover o "entendemento e a internacionalización" os estudantes estranxeiros recordan ademais que tamén apoian a Carreira da Felicidade que organiza o Servizo de Deportes este domingo no campus e 13 dos 65 voluntarios que participan no desenvolvemento da proba son "erasmus".Vigo 24/2014
Comentar este post