Doblete de Charles
OCelta imponse á Valencia cun dobrete de Charles.Charles pasou de vilán a heroe en Balaídos. Os erros cometidos ante o Real Madrid sinalárano durante esta semana, pero o dianteiro brasileiro fixo oídos xordos e demostrou con dous goles que ten un sitio no once do Celta. Os de Luís Enrique recompuxéronse ao gol de Parello e grazas a un dobrete de Charles déronlle a volta ao marcador para sumar a súa segunda vitoria en Balaídos e así saír dos postos de descenso.O Celta chegou ao partido ante a Valencia co obxectivo de sumar unha nova vitoria e recuperar a boa imaxe mostrada no Bernabéu a semana anterior. Augusto Fernández e Charles tiveron a oportunidade de pór por diante aos celestes, pero dúas boas actuacións de Diego Alves impedírono. Cando o Celta gozaba dos seus mellores minutos de xogo chegou o gol da Valencia, que caeu en Balaídos como un xerro de auga fría. Parello cabeceou só e a pracer un balón que lle puxo perfecto Feghouli desde a dereita. E na xogada seguinte, de non ser por Yoel, os ches poderían ampliar o marcador cunha clara ocasión de Jonas.Na segunda parte algo cambiou no Celta e no propio Charles. O brasileiro recibiu un pase de Rafinha, controlou, pensoullo, e esta vez colocouna onde quixo. O gol deulle a confianza necesaria para soltarse durante o resto do partido. O seu enxeño comezou a brillar sobre o céspede de Balaídos, que agora vía outro partido distinto. Os de Luís Enrique fixéronse donos e señores do balón e chegaban á área rival con facilidade á vez que a Valencia daba un paso atrás obrigado pola presión á que estaba a ser sometido. Ademais os homes importantes do conxunto che comezaba a desfondarse fisicamente e practicamente desapareceron do partido. E así chegou a sentenza celeste. Krohn-Dehli rouboulle a carteira a Gardado e púxolle un balón perfecto a Charles. O dianteiro, con confianza en si mesmo, superou a Oriol Romeu e colocou o balón no fondo da rede. Os celestes puideron mesmo aumentar a renda nos últimos minutos . Pero o disparo de Nolito saíu repelido pola madeira e Santi Mina mandouna ás nubes coa portaría baleira. O Celta consegue así a quinta vitoria da tempada, segunda ante a súa afección, e sitúase a tres puntos dos postos de descenso. O vindeiro sábado, os celestes viaxarán a Barcelona para enfrontarse ao Espanyol.
Celta: Yoel, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Borja Oubiña, Álex López (Krohn Dehli, min.71), Augusto (Nolito, min.71); Rafinha, Orellana y Charles (Santi Mina, min.80).
Valencia: Alves; Joao, Ricardo Costa (Bernat, min.76), Mathieu (Victor Ruiz, min.39), Guardado; Oriol, Parejo (Javi Fuego, min.63); Feghouli, Canales, Piatti y Jonas.
Goles: 0-1, min.23, Parejo. 1-1, min.50, Charles. 2-1, min.78, Charles.
Comentar este post