O Celta, a un paso da salvación
A 'Segunda Unidade' do FC Barcelona non logrou puntuar este sábado en Balaídos
O Celta deu un paso case definitivo cara á salvación coa súa vitoria ante un Barcelona moi pouco reconocible, con futbolistas secundarios aínda que case todos eles cun currículum máis que interesante. O VAR anuló un gol a Néstor Araujo, pero deu un penalti ao Celta, que serviu para que Aspas marcase o 2-0 definitivo. Antes marcara Maxi Gómez un gran tanto para abrir a vitoria.
Coa derrota sufrida este sábado contra o Celta de Vigo, o FC Barcelona caeu por primeira vez desde os cuartos de Copa do Rei contra o Sevilla (2-0), rompendo deste xeito unha racha de imbatibilidade de 23 partidos consecutivos
Celta: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Olaza; Boudebouz (Jozabed, min 84), Lobotka, Yokuslu, Boufal (Brais, min 71); Maxi Gómez (Beltrán, min 91), Aspas
Barcelona: Cillessen; Wague, Todibo (Murillo, min 67), Umtiti, Vermaelen, Malcom; Arthur (Vidal, min 61), Aleñá, Riqui Puig; Dembélé (Collado, min 6), Boateng
Goles: 1-0 Maxi, min 67; 2-0 Aspas, min 88;
Árbitro: José María Sánchez Martínez, do comité murciano. Amonestou a Boufal (RC Celta) e a Vermaelen, Umititi, Todibo, Boateng, Vidal (FC Barcelona)
Campo: Balaídos.Coa mellor entrada da tempada (22.519 espectadores), o estadio vigués deu boa conta do campión de Liga e acabou celebrando unha vitoria que deixa a permanencia a tiro de pedra.
Galeria de Imaxenes
Comentar este post