Sábado de resurección en Balaídos
Paso de xigante cara á salvación
O Celta deu un paso importantísimo cara á salvación coa súa vitoria ante o Girona (2-1), que lle sitúa por diante dos cataláns e con tres puntos de marxe sobre os postos de descenso.
Un triunfo cimentado nun dos mellores partidos dos últimos tempos en Balaídos, cun Celta moi superior, ao que só a falta de acerto impediulle unha vitoria máis cómoda. Aspas e Boufal foron os autores dos tantos celestes.
O adestrador do Celta de Vigo, Fran Escribá, estaba exultante polo triunfo do seu equipo ante o Girona, o terceiro consecutivo en Balaídos, pero recordou que aínda teñen que seguir remando para selar o seu permanencia en LaLiga.
Celta de Vigo: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Araújo, Olaza; Okay, Lobotka; Boudebouz (Jozabed, 88'), Boufal (Hjulsager, 80'); Iago Aspas (Costas, 90'), Maxi Gómez
Girona: Bono; Porro, Bernardo, Alcalá, Raúl Carnero; Pere Pons, Douglas Luiz (Soni, 85'), Aleix García (Juanpe, 46'); Roberts (Borja García, 46'), Portu, Stuani
Goles:1-0, Boufal, que cada día é máis determinante no ataque celeste, tomando decisións correctas como a que conduciu ao tanto que no 34'. O francés encarou ao seu par case en liña de fondo, axustou o pase ao corazón do área e aí Aspas, un pouco forzado, marcaba o seu tanto número 16 do curso.
1-1,Portu, cun disparo cruzado, batía a Rubén con suspense incluído xa que o VAR tardou cinco eternos minutos en decidir si Stuani, do Girona que estaba en fóra de xogo tocaba ou non o balón. Finalmente foi Do Cerro Grande o que tivo que achegarse ao monitor a pé de campo para dar validez ao tanto visitante, logrado no 47 e ratificado no 53'.
2-1,Sofiane Boufal, que cunha rosca marabillosa ao segundo pau, que acababa impactando, poñía ao Celta por diante no minuto 69.
Árbitro: Del Cerro Grande (Colexio Madrileño).
Tarxetas: Amonestó a Yokuslu (47'), Boufal (70'), Douglas Luiz (76')
Sofiane Boufal non poderá xogar o vindeiro mércores ante o Espanyol logo de ver a quinta tarxeta amarela do seu ciclo, o que obrigará a cumprir un encontro de sanción. O internacional marroquí levaba varias semanas ao bordo da suspensión, e foi neste semana de tres partidos cando se consumou.
O colegiado indicou no acta o motivo da amonestación: “No minuto 68 o xogador (19) Boufal , Sofiane foi amonestado polo seguinte motivo: Precipitarse a válalas abrazándose cos espectadores para celebrar un gol”. Foi o seu primeiro gol en Balaídos como xogador do Celta, e quixo celebralo xunto á afección local.
Galeria de Imaxenes
Comentar este post