O Celtismo mobilízase para o partido do próximo fin de semana en Valladolid
O celtismo responde e arroupará ao equipo no José Zorrilla
O Celta atópase nunha situación agónica, cun punto de vantaxe sobre o descenso, pero máis que mirar ao que fagan os rivais, debería centrarse exclusivamente en si mesmo, porque iso será clave para seguir un ano máis na máxima categoría do fútbol español.
O equipo de Miguel Cardoso conta con 21 puntos. Para manter a categoría debería alcanzar os 40. En anos precedentes non foi necesario chegar a esa cifra, pero normalmente adoita ser un salvavidas. Iso significa que ten que lograr uns 19 puntos, xa que logo debe gañar seis partidos e empatar un antes de que termine o curso.
Tendo en conta que faltan 18 partidos, o equipo celeste debería gañar un de cada tres partidos de aquí a final de tempada para ter 39 puntos. Despois cun par de empates máis se situaría nos 41, unha cifra que normalmente permite manter a categoría.
É certo que agora mesmo moitos afeccionados ven ao Celta en Segunda porque a dinámica dos últimos encontros non invita ao optimismo precisamente, pero lograr a salvación está ao alcance do equipo, que mellorará co regreso de Iago Aspas.
O Celta de Vigo informou este luns de que uns mil afeccionados reservaron a súa entrada para o encontro do próximo domingo, ás 12.00 horas, contra o Real Valladolid no estadio José Zorrilla. Un duelo onde o cadro de Cardoso quere evitar acabar a xornada en postos de descenso.
Inmerso nunha profunda crise de resultados, o primeiro equipo poderá contar con Iago Aspas e Okay para tan decisivo duelo ante un Real Valladolid que na primeira volta logrou empatar a tres goles en Balaídos. O Celta necesitará gañar no José Zorrilla para asegurarse o golareraje ante un rival directo como o Pucela.
Comentar este post