Copa do Rey
Mohamed avanza o once do Celta ante a Real Sociedade
Como adoita ser habitual, Antonio Mohamed non ocultou as súas cartas antes do partido de Copa que enfrontará ao Celta coa Real Sociedade. O técnico arxentino avanzou gran parte do equipo que xogará hoxe de face fronte aos donostiarras na ida da primeira eliminatoria desta competición.
Rubén Blanco xogará en portería, mentres que por diante terá unha defensa de catro formada por Kevin, David Costas, Néstor Araujo e Junior Alonso, que volverá xogar polo carril esquerdo.
Lobotka e Okay formarán o dobre pivote, mentres que Aspas e Pione Sisto serán dous dos dianteiros que poña en liza o técnico arxentino.
As outras dúas posicións non as aclarou o técnico arxentino, aínda que poderían ser Jozabed no centro do campo, xa que non ten moitas máis opcións no equipo o preparador celeste, e arriba a dúbida de si estará Eckert no centro da dianteira, con Aspas tirado a unha banda, ou ben si entrará Emre Mor pola banda dereita como o pasado sábado ante o Eibar, sendo Aspas o “9”.
Esas dúas posicións non estaban definidas aínda, segundo indicou Mohamed, pero seguramente non diferirá moito destas hipóteses.
Convocatoria
1 Sergio 3 David Costas
4 Araujo
5 Okay
7 Emre Mor
8 Beltrán
10 Iago Aspas
11 Sisto
13 Rubén
14 Lobotka
15 Mazan
16 Hjulsager
20 Kevin
21 Jozabed
23 Brais Méndez
24 Roncaglia
25 Junior Alonso
32 Dennis Eckert
O técnico do Celta reserva para esta cita a Hugo Mallo, Juncà, Boufal e Cabral, mentres que Jensen e Maxi Gómez son baixa por lesión. Tamén se queda fóra Nemanja Radoja, que non disputará ningún partido oficial esta tempada.
Comentar este post