Maxi e Aspas alimentan o soño europeo do Celta
Os goles de Iago Aspas e Maxi Gómez sacaron ao Celta do atasco e devolven a ilusión. Os dous dianteiros do top cinco da Liga acudiron ao rescate nun partido que comezou co Eibar dominador, coas ideas máis claras e que foi sementando de minas un partido vital que non emitía as mellores sensacións.
O Celta logrou este mediodía unha vitoria importantísima ante un rival directo como o Eibar, que foi claramente superior na primeira metade. Na segunda, coa entrada de Emre Mor, o Celta mellorou e foi máis efectivo marcando dous goles por medio da parella habitual: Iago Aspas e Maxi Gómez, que fixeron que os tres puntos quedásen na casa.
RC.CELTA: Rubén, Hugo Mallo, Cabral (Roncaglia, min.87), Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass, Radoja (Tucu Hdez., min.65), Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.46), Maxi Gómez.
EIBAR: Dmitrovic, Oliveira, Arbilla, Cote (Juncá, min.83), Peña (Capa, min.73), Diop, Jordán, Inui, Alejo (Pedro León, min.60), Charles, Kike.
Goles: Iago Aspas (1-0, min.56), Maxi Gómez (2-0, min.78).
Árbitro: Del Cerro Grande, del comité madrileño. Amonestó a Radoja, Cabral (Celta); Diop, Cote, Oliveira (Eibar).
Observacións: Antes do partido gardouse un minuto de silencio en memoria dos abonados históricos José Núñez, Jesús María Pujales, Raimundo Comesaña e Amador Miguel de Froitos; do ex adestrador celeste Luís Cid "Carriega", da ex empregada do club Olga Parada e do ertzaintza Inocencio Alonso.
Galeria de fotos
/https%3A%2F%2Fi.ytimg.com%2Fvi%2F-aHSlseCe1c%2Fhqdefault.jpg)
Resumen de RC Celta vs SD Eibar (2-0)
Iago Aspas y Maxi Gómez le dan tres importantes puntos al RC Celta ante la SD Eibar LaLiga Santander J25 Suscríbete al canal oficial de LaLiga Santander en HD | 2018-02-24 00.00h | J25 | CEL | EI...
https://www.youtube.com/watch?v=-aHSlseCe1c&feature=youtu.be
Video
Comentar este post