Punto de ouro do Celta no Camp Nou
O equipo de Unzué, con goles de Aspas e Maxi, iguala co Barcelona tras un partido ben exposto e no que mostraron unha enorme ambición.
O Celta logrou un gran resultado nun campo moi difícil como o Camp Nou, ante o mellor equipo do que vai de Liga. Non era sinxelo, porque o equipo vigués presentábase coa importante baixa de Jonny, que non ten un recambio no persoal. Adiantouse o equipo vigués grazas a un gol de Aspas, pero o Barcelona reaccionou,empatou pronto e remontou na segunda metade.
Foi aí cando volveu aparecer Aspas para pór un pase xenial a Maxi tras unha gran xogada, para que o uruguaio subise o empate ao marcador.
A solución ideada por Unzué para paliar a baixa do de Matamá foi colocar a Wass na banda dereita, e a Hugo Mallo na esquerda, pero máis centrado, con Sisto practicamente como carrilero.
Outra das novidades foi a presenza do canteirán Brais Gómez no centro do campo, xogando como interior dereito.Sergi Gómez e Fontàs foron os centrais titulares, aínda que o primeiro durou apenas un minuto por unha lesión no ombreiro que lle obrigou a retirarse nada máis comezar o partido. O seu substituto foi Cabral.
Barcelona: Ter Stegen, Sergi Roberto, Piqué, Umtiti (Vermaelen, min.72), Jordi Alba, Busquets, Rakitic (Alcácer, min.79), Paulinho, Iniesta (Denis Suárez, 53), Messi y Luis Suárez.
RC.Celta: Rubén, Hugo Mallo, Fontás, Sergi Gómez (Cabral, min.4), Brais Méndez (Roncaglia, min.63, Lobotka, Jozabed (Pablo Hernández, min.84), Wass, Sisto, Iago Aspas y Maxi Gómez.
Goles: 0-1, min.20: Iago Aspas; 1-1, min.22: Messi; 2-1, min,62: Luis Suárez; 2-2, min.70: Maxi Gómez
Árbitro: Melero López, del comité andaluz. Amonestó a Luis Suárez, Vermaelen, Roncaglia. Jozabed, Rubén, Wass, Sisto, Hugo Mallo
Galeria Fotos
/https%3A%2F%2Fi.ytimg.com%2Fvi%2F_0fBx2v8p_M%2Fhqdefault.jpg)
Resumen de FC Barcelona vs RC Celta (2-2)
El FC Barcelona empata frente al RC Celta en el Camp Nou LaLiga Santander J14 Suscríbete al canal oficial de LaLiga Santander en HD | 2017-12-02 00.00h | J14 | BAR | CEL LaLiga Santander on YouTube:
https://www.youtube.com/watch?v=_0fBx2v8p_M&feature=youtu.be
Video
Comentar este post