Un soberbio Celta golea ao Barça
Con 2-0 no marcador chegouse ao descanso, e tralo mesmo, o Celta saíu cun ritmo máis templado, sen o vértigo da primeira metade, pero tratando de aguantar ao conxunto barcelonés que saíu con outro ritmo no segundo acto. O partido volveuse brillante, con dous equipos buscando o gol. Sergio evitou o de Neymar, acto seguido Aspas plantouse ante Ter Stegan e disparou demasiado cruzado, e un minuto despois Messi enviou un disparo ao pau. No min.56 o Celta enganchou unha contra ante un Barcelona envorcado que deixou a Iago Aspas só ante o meta contrario logrando o 3-0 que maravillaba a Balaídos.
No minuto 75 Berizzo moveu o banquiño, primeiro retirando a un acalambrado Radoja, que perseguira a Messi por todo o campo durante a segunda metade. Ocupou o seu lugar o Tucu. Tamén entrou Guidetti en lugar do bigoleador Aspas, e máis tarde foi Wass o que deixou o seu sitio a Planas. Todos eles merecidamente ovacionados.Tralo carrusel de cambios chegou a incerteza a Balaídos co 3-1, obra de Neymar, que ademais de marrullero tamén é un gran futbolista. Foi un pequeno momento de zozobra, xa que xusto na seguinte acción volveu chegar o Barça ás inmediaciones de Sergio. Esa acción podería dar emoción ao choque, pero o Celta soubo golpear no momento preciso e fíxoo tras unha brillante combinación de todo o equipo que acabou con Guidetti poñendo o 4-1 no marcador que xa sería definitivo.Balaídos gozou entón da Rianxeira, do Miudiño, da Ola e dun equipo que marabilla a toda a españa futbolística cun xogo sincero, honesto e efectivo, e que lle deixa con 13 puntos en 5 xornadas, un máis que o Barcelona e os mesmos que o Real Madrid. O sábado toca un partido duro en Eibar, con menos luces e máis traballo.
Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Augusto, Radoja (Pablo Hernández, min.75), Wass (Planas, min.84), Orellana, Nolito y Iago Aspas (Guidetti, min.76).
Barcelona: Ter Stegen, Dani Alves, Piqué, Mascherano, Mathieu, Busquets (Rakitic, min.66), Sergi Roberto (Munir min.57), Iniesta, Neymar, Messi y Luis Suárez.
Goles: 1-0, min.25: Nolito; 2-0, min.29: Iago Aspas; 3-0 min.56: Iago Aspas; 3-1, min.79: Neymar; 4-1, min.83: Guidetti.
![Celta de Vigo vs Barcelona 4-1 RESUMEN COMPLETO [All Goals-Highlights] La Liga 2015](https://image.over-blog.com/b2m9mhNxLOqycyxn_LCoix_jcKY=/170x170/smart/filters:no_upscale()/http%3A%2F%2Fi.ytimg.com%2Fvi%2FS0XxQhU40QU%2Fhqdefault.jpg)
Celta de Vigo vs Barcelona 4-1 RESUMEN COMPLETO [All Goals-Highlights] La Liga 2015
Celta de Vigo 4-1 Barcelona RESUMEN COMPLETO Y TODOS LOS GOLES [All Goals-Highlights] La Liga 23/09/20152015 ____________________________________________________________ ...
https://www.youtube.com/watch?v=S0XxQhU40QU&feature=youtu.be
Video
Galeria de Fotos RC Celta-Barça 4-1
Comentar este post