O exceso de confianza pasa factura ao Celta

No segundo tempo o Celta saíu decidido a facer esquecer a súa mala primeira parte, e non tardou moito en poñer terra polo medio. Aos corenta e oito minutos, Orellana aproveitaba un erro defensivo, cedeu a Iago Aspas e leste a Nolito para anotar o 3-1, ante un rival cun home menos, que parecía a sentenza. Un minutos despois, nunha acción similar, o andaluz tivo o cuarto nas súas botas, pero optou por regatear en lugar de rematar. O Celta, sen sabelo, perdía a oportunidade de pechar un partido que gardaba unha sorpresa.
Araújo,ao cuarto de hora da segunda metade anotou o segundo cun gran disparo ante o deixamento da zaga. O balón impulsouno finalmente Pablo Hernández ao fondo das mallas.O gol deixou tocado ao Celta, que se lanzou buscando unha nova sentenza, pero na innecesaria tolemia esqueceu cubrirse as costas, e unha contra perfecta levou o empate ao marcador cun cuarto de hora por diante. Balaídos xa perdera a paciencia para entón.
O exceso de relajación foi o peor inimigo dun Celta que ben podería vivir un partido plácido si non suscitase unha montaña rusa en canto a intensidade. Os célticos baixaron varios puntos a súa enerxía e concentración cada vez que se viron cunha renda plácida, e acabaron pagándoo encaixando tres goles que sacaron as cores ao equipo. Xogar en casa, cun máis desde o minuto dez, cun equipo claramente superior e permitir que o rival marque tres tantos non ten escusa.
Celta: Sergio, Hugo Mallo (Bongonda, min,83), Cabral, Fontás, Jonny, Augusto, Wass, Orellana, Pablo Hernández (Guidetti, min.65), Nolito e Iago Aspas.
Las Palmas: Javi Varas, David Simón, Bigas, Roque Mesa (Aythami, min.56), Castellano, Alcaraz, Hernán, Culio, Jonathan Viera (Wakasso, min.85), Araujo e Wiillian José (Lizoaín, min.12).
Goles: 0-1, min.12; Orellana, de penalti; 2-0, min-17: Wass; 2-1, min.22: Araujo; 3-1, min.48: Nolito; 3-2, min.62: Araujo; 3-3, min.73: David Simón.
/https%3A%2F%2Fi.ytimg.com%2Fvi%2FEB0kMO_pNLk%2Fhqdefault.jpg)
Resumen de UD Las Palmas (2-1) Celta de Vigo - HD Copa del Rey
Resumen de UD Las Palmas (2-1) Celta de Vigo - HD Copa del Rey SUSCRIBETE AL MEJOR CANAL HD La Liga | 02-12-2014 | J4 | Copa del Rey 2014/2015 Resumen del partido UD Las Palmas (2-1) Celta de Vigo ...
https://www.youtube.com/watch?v=EB0kMO_pNLk&feature=youtu.be
Video del Celta Las Palmas
Galeria de Fotos
Comentar este post