O Celta sen opcións na Europa League
Coa vantaxe no marcador, o Celta comezou a sentirse cómodo no terreo de xogo. O Valencia poñía empeño, pero non acababa de chegar ás inmediaciones de Sergio, e o conxunto vigués tiña capacidade para recuperar balón e manter a posesión, creando incluso algunha ocasión de gol. Aos dez minutos Alves empregouse ante Larrivey, e aos 20 minutos foi Fontàs á saída dun córner quen volveu crear perigo.
Na segunda metade o Valencia saíu disposto a deixar finiquitada a súa presenza na máxima competición continental e puxo en serios aprietos ao Celta. Nada máis comezar o segundo acto, gran parada de Sergio que toca o suficiente para enviar un remate de Otamendi ao larguero. Nos seguintes minutos, claro dominio valenciano, co Celta buscando a súa oportunidade á contra.Pero nunha acción a balón parado chegou o empate do Valencia tras un erro de Sergio Álvarez, que non chapa un lanzamento de falta de parello e Otamendi aproveita o rexeite para anotar o empate. O gol enalteceu á afección local, que empuxou ao seu equipo, que por entón tiña máis corazón que cabeza. De feito nos instantes finais, foi o Celta quen puxo picante ao partido con chegadas nas que puido haber decantado o partido ao seu favor. Barragán salvou ante Nolito con Alves vencido, e Orellana puxo en xaque á zaga rival xa en tempo de desconto.
O Celta non se clasificará para a Europa League, pero pechará o vindeiro sábado a Liga ante o Espanyol en Balaídos.A tempada é de notable.
Comentar este post