Derrota coa cabeza alta
O Celta caeu derrotado ante o FC Barcelona logo de realizar un gran partido, especialmente na primeira metade, onde non só tuteó ao Barcelona, senón que lle arrebatou o balón, foi mellor e mereceu gañar.
.jpg)
Aos dez minutos da reanudación, cambio clave no partido. Luís Enrique retirou a Rafinha, que se foi ovacionado, e deu entrada a Xavi Hernández. O partido cambiou radicalmente. O Barcelona ampliou as súas posesións, e con iso, as súas chegadas a gol. Berizzo tamén retirou a Krohn-Dehli para dar entrada a Radoja, e acentuouse o dominio azulgrana.O Celta chegaba, aínda que cada vez con menos homes. E o Barcelona marcaría o tanto do partido aos 73 minutos. Mathieu cabecea unha falta á escuadra. Fontàs, moi brando, non puido impedir que o francés rematase fusilando a Sergio. Uns minutos antes entrara Charles ao campo, e o brasileiro tivo unha gran ocasión, pero Piquei estivo rapidísimo para evitar o remate do ariete céltico.Nos últimos minutos sorprendeu ver ao Barça perdendo tempo. Busquets desquició a Orellana no saque dunha falta, e cometeu un erro absurdo ao tirarlle un anaco de céspede. Non lle fixo nada, malia os visibles xestos de dor do catalán, pero está ben expulsado. Veremos a ver porque é probable que a sanción non se quede nun partido. Así se chegou ao final do partido, cun Celta en inferioridad numérica axexando a meta de Bravo, con algunha chegada que puido supoñer perigo, pero que finalmente non alterou o marcador.
Derrota previsible, aínda que inxusta vendo os merecimientos dun e outro equipo. Unha pena, pero a vida segue para un Celta que segue tendo a salvación a tiro de pedra e que esta semana visita ao Granada, que actualmente ocupa postos de descenso.
Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Augusto, Krohn-Dehli (Radoja, min.67), Pablo Hernández (Santi Mina, min.83), Orellana, Nolito y Larrivey (Charles, min.69)
Barcelona: Bravo, Dani Alves, Piqué Matheu, Adriano, Busquets, Iniesta (Pedro, min.73), Rafinha (Xavi, min.57), Neymar, Messi y Luis Suárez (Rakitic, min.86)
Árbitro: Vicandi Garrido, del comité vasco. Expulsó a Orellana con roja directa (min.87) y amonestó a Kronh-Dehli, Luis Suárez y Busquets
/http%3A%2F%2Fcf.dropboxstatic.com%2Fstatic%2Fimages%2Ficons128%2Fpage_white_film-vfll6yDEp.png)
Resumen de Celta de Vigo (0-1) FC Barcelona.mp4
Dropbox is a free service that lets you bring your photos, docs, and videos anywhere and share them easily. Never email yourself a file again!
Video Celta Barça
Comentar este post