Celta-Valencia 1-1

Repetiuse a historia de partidos anteriores, cun Celta moi superior ao rival, dominando, creando xogo e ocasións, pero sen o premio da vitoria. Claro que esta vez o rival era de entidade. O Valencia é un equipo feito, formado por xogadores de calidade, e que estivo a mercé do Celta durante gran parte do encontro. Orellana rompeu o maleficio deixando o dubidoso récord en 726 minutos sen marcar un gol. Puido facelo antes, pero o xogador chileno marró un penalti.
Como anunciara na previa, Berizzo apostou por un equipo con tres centrais, con Fontàs na esquerda, Radoja na dereita, e Sergi Gómez como libre. Hugo Mallo e Jonny exerceron de carrileros. No centro do campo, Krohn-Dehli e Augusto Fernández como pivotes, Hernández como mediapunta, e dous dianteiros: Orellana e Charles.
A chegada do Valencia non deixaba de ser unha xogada illada dentro dun partido dominado claramente polo Celta. Tiña maior posesión, e o partido xogábase case sempre en campo contrario. Intentouno Krohn-Dehli no 24 cun disparo que saíu alto. Dous minutos despois chegou a mellor ocasión para o Celta, cando Charles é obxecto de penalti. Orellana encargouse de executalo pero Diego Alves detívoo. O meta brasileiro detivo 14 penaltis dos 33 que lle tiraron nas súas tempadas na Liga. Un auténtico parapenaltis.
Pero a historia de partidos anteriores repetiríase no minuto 42. O ex céltico Rodrigo realizou unha gran condución, enfilou o bordo do área e o seu disparo mordido sorprendeu a Sergio, que non foi capaz de atajar un balón aparentemente sinxelo.
Nolito e Borja Fernández quentaron durante o descanso, e na reanudación quedouse Hugo Mallo no vestuario. Sobre o terreo de xogo non cambiou o esquema. Orellana ocupou o lugar de Hugo Mallo como carrilero, moitísimo espazo pola súa banda, e Nolito pasou á esquerda, como segundo dianteiro.
Tras varias chegadas perigosas, co Celta bordeando o gol, chegaría o ansiado empate, por mediación de Orellana, que aproveitou un rexeite á saída dun córner para bater coa zurda a Diego Alves, tomándose a súa revancha particular do erro da primeira metade. Tralo gol chegaron os mellores minutos do Celta, que ampliou o seu dominio e tivo varias ocasións. Unha cun disparo afastado de Pablo Hernández, e outra na que Diego Alves tivo que intervir con acerto para evitar o segundo do Celta.
Aos 79 minutos foise Augusto Fernández e entrou Borja, un pivote máis natural. O Celta aínda tiña reservado un arreón para os instantes finais, perdoando ao Valencia, especialmente aos 88 minutos, cunha acción na que primeiro Orellana e posteriormente Charles bordearon o tanto da vitoria, que finalmente non chegou, conformándose o Celta cun punto que lle sitúa con 21 a unha xornada do final da primeira volta.
Comentar este post